martes, 20 de noviembre de 2012

SEMANA CULTURAL DA FACULTADE

Do 26 ao 30 de novembro celébrase na Facultade a Semana Cultural, promovida desde o Decanato e na que contaremos coa colaboración de diversas entidades e asociacións de estudantes nas distintas actividades programadas, que inclúen mesas redondas, cineforum, música, exposición de viñetas e concurso de videos. O programa detállase de seguido.
O luns 26, ás 12:00 h no Salón de Graos, presentaráse a programación da Semana e as bases da II Edición do concurso de pintura “CreArte na Universidade”, que potencia e difunde a creación artística de todos os membros da comunidade universitaria da USC. A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre os “Modelos de edición de libros en galego”, organizada pola asociación de estudantes Liga Estudiantil Galega. Pola tarde, ás 17:00 h terá lugar o primero dos Cineforums organizados pola Cátedra Bancaja Novos Emprendedores e a Asociación Executivas de Galicia, baixo o título: “Perfís para un novo liderado”. Tralo visionado da película "LA DAMA DE HIERRO" (Phyllida Lloyd, 2011), relato biográfico sobre a historia de Margaret Thatcher, terá lugar o debate, no que intervirán Marta Costas Iglesias (Abogada e anterior vocal de Pontevedra da Asociación Executivas de Galicia) e Mª Xosé Rodríguez Galdo (Catedrática de Historia Económica da USC).
 
O martes 27, ás 11:00 h celebrarase o segundo Cineforum, baixo o título: Emprender en tempos de crise, coa proxección da película "EN UN MUNDO LIBRE" (Ken Loach, 2007) e o posterior debate no que intervirán: Sandra Amézaga Menéndez (Vocal de Pontevedra da Asociación Executivas) e Romina García Chas (Profesora do departamento de Organización de Empresas da USC). Pola tarde, a prtir das 16:30 h, na Aula B, os membros do Club de Debate Compostela farán unha exhibición para achegar aos estudantes ao DEBATE DE COMPETICIÓN; nesta ocasión o tema a debatir é: Deben ser financiados os medios de comunicación convencionais polo Estado?
 
O mércores 28 comenzarán as actividades ás 12:00 h no Salón de Graos, cunha mesa redonda sobre “MODELOS ALTERNATIVOS Á BANCA TRADICIONAL: POR UNHA ECONOMÍA MÁIS SOLIDARIA”.Nesta mesa participan representantes de diversos proxectos de banca ética presentes en Galicia e coñeceremos o qué é a banca islámica e o seu posicionamento no mundo financeiro. Os poñentes son: Tamara Lemos. Directora de la oficina de Triodos Bank en A Coruña; Raul  Asegurado. Responsable do proxecto Fiare GZ; Mar Pernas. Integrante do Consello de Sección de Galiza de COOP57; e Sami Ashour. Investigador do Dep. De Economía Financeira e Contabilidade. Ao término desta mesa redonda, un grupo de estudantes da Facultade fará unha intervención musical.

Pola tarde, ás 16:30 h terá lugar no mesmo lugar un obradoiro sobre "O aprendizaxe como ferramenta para o desenvolvemento da cultura: creando un novo paradigma. Mª Eugenia Fernández e Carmen Fernández, de Arquetipos Consultores, levarán esta sesión que parte dos contidos do impactante documental: “La educación prohibida”.
O xoves 29, membros do Club Emprede M.A.S. (Mocidade Activa e Sinerxias) presentarán no hall principal da facultade unha exposición de viñetas sobre a crise financeira, como preámbulo á gala de presentación dos videos finalistas do concurso “Tes 5 minutos...¡grávao e cóntanolo!", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
 
O venres 30 clasurarase a Semana ás 12:00 h no Salón de Graos coa conferencia “Hoxe coa sombra espida do poeta”, de Paco Pestana, artista e poeta colaborador en prensa e revistas de arte, que ten realizado máis de cen exposicións entre colectivas y personales, destacando “Galicia no Tempo”. A súa charla será presentada por Cristina Carballedo, historiadora de arte y comisaria de exposiciones
Para máis información sobre estas actividades, podes acceder aos seguintes enlaces:

  • Díptico co resumen das actividades
  • Concurso de Pintura CreArte na Facultade de CCEE (presentación luns 26)
  • Película "La Dama de Hierro" (Cineforum luns 26)
  • Película "En un mundo libre" (Cineforum martes 27)
  • Club Debate Compostela, video TVG (Debate exhibición martes 27)
  • Finanzas éticas en Galicia (mesa redonda mércores 28)
  • Sitio web do documental "La Educación Prohibida" (videoforum mércores 28)
  • Concurso de videos "Tes 5 minutos..." (gala final xoves 29)
  • Paco Pestana (ponente conferencia venres 30)

  •  

    sábado, 10 de noviembre de 2012

    Comida de confraternidade

    O mércores 7 de novembro celebrouse unha comida de confraternidade na que participaron case que sesenta compañeiros da facultade, entre profesores e persoal de administración e servicios. Á comida, que tivo lugar no restaurante El Quijote, acudiron tamén varios profesores que por razón de xubilación ou outra, deixaron a vida académica no pasado curso. A reunión resultou moi agradable, especialmente no momento en que, trala entrega dun pequeno agasallo a estos profesores, moitos deles arracáronse de xeito espontáneo cun breve discurso de despedida. Boa sorte a todos nesta nova etapa da súas vidas.

    lunes, 5 de noviembre de 2012

    SEMINARIOS MASTER DRIE

    O luns , 5 de novembro, ás 17 horas, na aula 12, darán comenzo os seminarios organizados polo Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, coa participación de:
    • Ewa Bojar (Polytechnic U. Lublin, Poland): "The triple helix of model of innovation. Experiences in the Lublin region".
    • Ludmila Voronina (Kuban State University, Russia): "Cluster experiences in the Krasnodar area".

    CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

    Unha vez máis, o Centro de transfusión de Galicia levará a cabo unha campaña de doazón de sangue na nosa Facultade os vindeiros días 12 e 13 de novembro (luns e martes), en horario de mañá e de tarde (das 9:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas) na entrada principal. Os días previos terán lugar diversas charlas informativas co obxectivo de conseguir a maior participación posible.
    Artigo relacionado

    jueves, 1 de noviembre de 2012

    1º concurso de vídeos: Tes 5 minutos...¡grávao e cóntanolo!

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade organiza o 1º concurso de videos (de 5 minutos como máximo), de temática económico-empresarial en galego: ¿que receitas contra a crise propós? ¿quen vén sendo a prima de Risco? ¿ten aínda máis parentes?... O seu contido pode expresarse con animación, discurso, entrevistas, plastilina, teatralización, cancións, imaxes comentadas, etc. Os traballos presentados optarán a dous premios do xurado, de 400 e 150 euros, e a un premio do público (150 euros), que serán entregados nunha gala que terálugar o 29 de novembro.
    Bases do concurso
    Video promocional