lunes, 10 de diciembre de 2012

Conferencia de peche de cuatrimestre



O mércores 12 de decembro tivemos a fortuna de contar na facultade co exministro de Xusticia, Francisco Caamaño Domínguez, que impartiu unha conferencia sobre: "As Novas Tecnoloxías e a Administración de Xusticia en España". O poñente foi presentado polo decano do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira.
 
Nado en Cee (1963), Caamaño é doutor en Dereito, foi profesor de Dereito Constitucional na USC, e catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia. Sendo Secretario de Estado de Relacións con as Cortes, de 2004 a 2009, foi nomeado Ministro de Xusticia ese ano, cargo que desempeñou ata decembro de 2011. Na actualidade  ocupa o cargo de Secretario Xeral do PSdG na provincia da Coruña, sendo diputado e portavoz de Cultura e Lingua no Parlamento de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario