viernes, 8 de septiembre de 2017

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO

Hoxe tivemos o pracer de recibir e dar a benvida aos estudantes de 1º curso de Economía e de ADE que o próximo luns comezarán as clases e a súa etapa de formación universitaria. Na sesión, que tivo lugar na aula A do centro, casi chea de xente nova, os membros do equipo decanal e representantes doutros servicios universitarios (como a biblioteca, campus na nube, asociacións estudantís) informaron dalgunhas das cuestións fundamentais relacionadas co comezo do curso e que poden facilitar aos estudantes a súa integración na vida académica.

No curso 2017-2018 se conmemoran os 50 anos do comezo dos estudos de Economía en Galicia. A primeira promoción, (1967-1972) de economistas saídos da USC, única universidade galega nos comezos, celebra polo tanto as súas bodas de ouro. Nestes 50 anos son moitos os cambios que tiveron lugar en Galicia e na nosa Universidade, e por iso imos ofrecer diversos actos e eventos aos que todos os estudantes están invitados. Vos iremos informando neste blog de todas as novas ao respecto. E para que recibades una alerta no voso correo electrónico cada vez que haxa unha nova entrada, só tedes que inserir o voso enderezo na caixa que aparece ao final deste blog (e premer submit).

Como xa vos adiantamos, se estades interesados en participar como voluntarios nos actos do 50 aniversario só tedes que facilitarnos os vosos datos. Podedes atopar toda a información premendo neste enlace. Animádevos! E BO COMEZO DE CURSO!


Ir a pagina de facebook de la Facultad de CCEE.

 

 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario