domingo, 10 de abril de 2011

Obradoiro de Orientación Laboral

Organizada pola Facultade e o Servicio de Apoio ao Emprendemento e o Emprego, vaise celebrar o mércores 4 de maio, na aula 8, una xornada de orientación laboral, especialmente dirixida aos alumnos/as de último ano de carreira. O seu obxectivo principal é facilitar a transición dos alumnos ao mercado laboral, ofrecéndolles información sobre as diferentes alternativas para elaborar o seu proxecto profesional e achegándolles os instrumentos e procesos máis utilizados para o acceso ao emprego. O obradorio está organizado en tres módulos de unha hora de duración aproximada cada un deles, e cos seguintes contidos:
10:00 h MÓDULO I
ü      Información sobre os servizos que ofrece a Área de Orientación Laboral
ü      Definición do proxecto profesional
ü      Alternativas unha vez finalizados os estudos: Continuación de estudos, programas de prácticas profesionais, emprego público, emprego en investigación, busca de emprego por conta allea e por conta propia
11:00 h MÓDULO II
ü      A elaboración do currículo e da carta de presentación: Importancia da presentación dun bo CV, tipos de CVs, estrutura, modelos, a carta de presentación.
12:00 h MÓDULO III
ü      Os procesos de selección: Cómo organiza un proceso de selección unha empresa, tipos de probas: Test psicotécnicos, Dinámicas de grupos e probas profesionais, Entrevista de traballo (Tipos, Características, Preguntas que poden formular).
Recomendase facer previamente unha inscrición no Decanato da Fac. de CC. Económicas, en horario de mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario