jueves, 7 de abril de 2011

Tres alumnos da Facultade gañan a final española do Global Management Challenge

Carlos Estévez, Estefany Cuadros e Laura González
Compoñentes do equipo StrategosUSC, gañador
da final nacional do GMC

O Global Management Challenge constitúe a maior competición sobre estratexia e xestión no mundo. Está dirixido a estudantes universitarios interesados en completar a súa formación mediante un xogo de simulación empresarial on line. Trátase dunha iniciativa, creada en 1980, enfocada a fomentar o espírito emprendedor, o desenvolvemento persoal e profesional dos participantes, potenciando a súas habilidades, capacidades, aptitudes, actitudes, coñecementos e experiencia no ámbito da xestión empresarial. Presente en 30 países do mundo, ten unha fase nacional e outra internacional, na que compiten os gañadores dos distintos países. Na presente edición nacional un equipo formado por estudantes da USC, tres deles alumnos de ADE, resultou gañador e tres dos seus integrantes parten cara a Macau (China) o próximo venres 8 de abril, para participar na final internacional. Dende aqui queremos desexarlles moita sorte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario