martes, 10 de abril de 2012

Acto de conmemoración do patrón do centro


Ciencias Económicas e Empresariais conmemorou este mércores 11 de abril, a festividade de San Vicente Ferrer, patrono do centro, cun acto académico que presidiu a Vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna, no Salón de Graos da Facultade. Logo da intervención da decana, Emilia Vázquez Rozas, entregararonse os seguintes premios:


- Premios Extraordinarios do curso 2010-11 na Licenciatura de Economía aos alumnos:
Dna. MONTSERRAT BUSTO BEADE
D. GUILLERMO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
- Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos (Comisión de Normalización Ligüística):
a)       Modalidade de traballos académicos
·         1º premio para o traballo titulado A reestruturación do sistema financeiro galego e o seu impacto no financiamento das PEMES, de Isabel Moscoso Ramos.
b)       Modalidade de traballos de fin de grao
·         Premio único, para o traballo Modelos econométricos do emprego en España: análise comparada con países da Unión Europea, de Silvia Chaves Freire.

- Premio Fulget 2011: Galchimia. Fundada a finais do ano 2001 por dous doutores en química orgánica, que a día de hoxe forman parte do equipo directivo da mesma, e dous doutores do departamento, a empresa nace como unha spin-off da Universidade de Santiago, e actualmente é líder en España no sector de química orgánica sintética, ofrecendo servizos de alto valor engadido en proxectos de investigación, desenvolvemento e síntese de produtos químicos a medida para fundamentalmente a industria farmacéutica.
Como colofón, o profesor do Departamento de Economía Aplicada Ceferino Díaz, pronunciou unha conferencia na que comezou facendo un percorrido pola súa vida no centro, ao que accede como integrante da primeira promoción dos estudos da Licenciatura en Economía e no que logo se incorpora ao claustro docente como profesor axudante. O profesor Díaz fixo un percorrido pola súa visión sobre os máis recentes acontecementos económicos, achegando a súa propia experiencia ao respecto pola súa condición de deputado nas Cortes Xerais nos últimos doce anos. (Xornal USC 08/04/2012) (Xornal 09/04/2012)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario