sábado, 5 de mayo de 2012

Conferencia de clausura curso 2011-12

O próximo mércores dia 9 de maio, ás 12:00 horas na aula B da facultade, terá lugar a conferencia de clausura do curso académico 2011-12. Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar a un dos mellores oradores no ámbito das finanzas éticas no noso país: Joan Antoni Melé Cartañá, Subdirector da entidade Triodos Bank en España.

Con máis de 30 anos de experiencia profesional no sector da banca, Joan Melé convírtese nun dos principais artífices da banca ética no noso país, ao liderar un dos proxectos de máis amplo calado en Europa dentro deste sector, asumiendo a subdirección xeral do banco Triodos. Tamén colabora como voluntario en diversas entidades non lucrativas dedicadas á promoción da banca ética a á cooperación ao desenvolvemento en proxectos de Latinoamérica. Ao mesmo tempo, ten unha intensa actividade como conferenciante en foros e charlas sobre temas de economía social, finanzas éticas e humanidades.

É autor do libro "Dinero y Conciencia. ¿A quién sirve mi dinero?", que conta xa cunha 6ª edición, no que promove unha economía con valores e trata de concienciar sobre o uso responsable do diñeiro. Na súa ponencia, que leva o título: "El dinero como camino de autoconocimiento", Joan Melé falará da necesidade dunha toma de conciencia por parte da sociedade dos fundamentos necesarios para implantar unha nova economía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario