miércoles, 23 de enero de 2013

BANCA ÉTICA: ¿OXÍMORON?

Ninguén cuestiona hoxe en dia a necesidade dun marco axeitado para facilitar o intercambio de recursos entre os axentes económicos. O papel do sistema financeiro é parte fundamental do sistema económico. O que si se ten cuestionado, á luz dos acontecementos que levaron a actual crise económica, é o actual modelo predominante e tradicional de facer banca. Tras os numerosos -e parece que interminables- escándalos aos que asistimos neste sector empresarial, queda demostrado que o principio financeiro do “interese propio” segue a cumprirse na súa peor interpretación. Partindo do suposto de que nas transaccións financeiras as persoas actúan racionalmente buscando o máximo beneficio posible, este principio non nega a importancia das consideracións humanas implicadas nesas operacións, nin suxire que o diñeiro sexa o máis importante na vida das persoas. Sen embargo, calquera cuestión relacionada con aspectos non directamente valorables economicamente parece non ter tido lugar no funcionamento da banca. É evidente que na situación actual xa non podemos recorrer ao clásico “é o sistema o que non funciona”. Está demostrado que a maior parte da responsabilidade da actual crise financeira ten que ver cunha falta de valores éticos nas actuacións de individuos que deixan en entredito a dimensión moral do seu comportamento no exercicio da súa actividade profesional.
Oxímoron é un recurso literario que consiste en situar nunha mesma expresión dous conceptos de significado contraditorio, obtendo un novo significado. É por iso que ao falar de “banca ética”, preguntámonos se é posible designar un novo xeito de exercer a actividade financeira.
Na reportaxe emitida pola TVG o pasado 19 de xaneiro, no que participou a profesora do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Loreto Fernández, afondase algo máis nesta forma de facer banca como alternativa ao modelo convencional. Así mesmo, preséntase o modelo de Triodos Bank e Fiare, e algúns proxectos financiados a través destas entidades que rixen a súa forma de facer actividade financeira por uns criterios éticos e de máxima transparencia.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/banca-etica-cocina-galega-un-espanol-con-obama

1 comentario:

  1. Suxiro aos redactores do blogue que vixíen a redacción das publicacións, para evitar absurdos ortográficos ou o "castrapo".

    ResponderEliminar