jueves, 28 de febrero de 2013

Seminarios de Competencias Profesionais


Cunha gran afluencia de xente, comenzou onte o ciclo de seminarios "Empléa-T: o teu futuro en 7Ts" que organiza a Facultade co obxectivo de mellorar as competencias profesionais dos estudantes. O obxectivo da iniciativa é atender o baleiro da formación regrada neste ámbito e completar o currículo formativo dos futuros profesionais, preparándoos para afrontar en mellores condicións a súa entrada no mundo profesional.
A primeira sesión, Conciéncia-T, tiña por obxectivo facer unha chamada de atención aos futuros egresados sobre a situación actual do mercado laboral e as perspectivas de futuro, a realidade das demandas das empresas en termos de competencias buscadas nos futuros traballadores e a necesidade de mellorar o curriculum académico cunha formación complementaria nestas habilidades. Na sesion participaron a Vicedecana de Relacións coas Empresas da Facultade e o Director de negocio da Escola de Negocios de NCG, que colabora na organización dos seminarios.
Nos próximos seminarios, que terán lugar todos os mércores ata o 24 de abril, abordaránse diferentes aspectos presentes nos procesos de selección de persoal. En Conóce-T analizaranse os distintos perfís profesionais para elixir ao candidato de cada posto e os participantes recibirán o seu perfil competencial; Posicióna-T fai fincapé na necesidade de diseñar e poñer en marcha un plan de acción de cara á presentación dunha candidatura a un posto de traballo, remarcandose a importancia de adoptar un bó posicionamento profesional na red; Comuníca-T é un obradoiro no que se pretende ofrecer aos participantes un conxunto de ferramentas coas que desenvolver e potenciar as súas habilidades de comunicación e particularmente para facer presentacións en público; no seminario Vénde-T traballarase a actitude desexable nunha entrevista de traballo; Lánza-T prestará atención a cuestións como o poder da iniciativa, o medo ao fracaso ou os talentos persoais e, por último, Especialíza-T centrarase no papel actual dos estudos de posgrao e o seu impacto no mercado laboral.
A modo de peche e completando estes seminarios e obradoiros, celebrarase unha xornada co lema ‘A visión dos empregadores’ para coñecer a visión dos responsables de recursos humanos dentro da empresa e doutros axentes de apoio aos futuros graduados/as na súa entrada ao mundo laboral.
Mais información na web do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario