jueves, 25 de septiembre de 2014

Presentación das características do Traballo Fin de Grao


 
     
 
Unha importante representación dos preto de 300 estudantes que está previsto que realicen o Traballo de Fin de Grao (TFG) de Economía e de ADE no curso 2014-2015 asistiron o mércores 24 de setembro á charla de presentación desta materia na aula B da Facultade. No acto participaron as coordinadoras da materia das titulacións de ADE e de Economía, Marisa del Río e Rosario Díaz e tamén os coordinadores dos dous graos, José M. Maside e Pilar Freire.
O TFG é unha materia máis dos Graos, pero con características que a diferencian do resto: baséase no traballo autónomo dos estudantes, ten carácter transversal, participan nela un elevado número de profesores/as, a temática é diferente para cada estudante e o proceso de avaliación tamén é diferente ao do resto de materias dos Títulos. Estas características implican que a materia teña certa complexidade. Coa finalidade de axudar a superar estas dificultades, na sesión explicáronse os contidos da guía docente, a normativa e os recursos de apoio dispoñibles para os estudantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario