domingo, 16 de noviembre de 2014

Seminario sobre "Loxística en Gran Consumo II"

No contexto das actividades docentes complementarias do Máster Universitario en Dirección de Empresas, o vindeiro martes día 18 de novembro, de 16:00 a 18:30 horas, no Salón de Graos, terá lugar un Seminario sobre "Loxística en Gran Consumo II", impartido por profesionais pertencentes á Asociación Española de Codificacion Comercial (AECOC).

Con máis de 25.000 asociados, AECOC é unha das maiores asociacións empresariais do nóso país e a única na que fabricantes e distribuidores traballan conxuntamente para a mellora do sector a fin de aportar maior valor ao consumidor. As empresas asociadas a AECOC facturan en conxunto máis de 180.000 millóns de euros anuais, o que supón preto do 20% do PIB.

Programa do Seminario:

16:00h – 16.50h: Aplicación práctica do RFID: Caso Sergas. Benjamín Rodríguez Nespereira. Subdtor de Recursos Económicos e Servizos Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense

16.50h – 17.40h: Marketing mix e retos do S. XXI. Antonio Raimondo. Marketing Manager de Chep

17.40h – 18.30h: Caso práctico de Loxística en Gran Consumo: Gadisa. Adolfo Díaz. Responsable de Loxística en Gadisa

No hay comentarios:

Publicar un comentario