viernes, 13 de febrero de 2015

II Encontro Internacional da Mocidade Emprendedora

En Marzo do ano pasado celebrouse na Facultade o primeiro Encontro Internacional da Mocidade Emprendedora, unha iniciativa da Escola Superior de Ciencias Empresariais do Instituto Politécnico de Viana, na que colabora o noso centro. Trátase dunhas xornadas nas que se quere poñer en valor a importancia das novas ideas e a búsqueda de oportunidades de negocio e a súa transformación en plans empresariais con potencial de futuro, o que redunda en definitiva na consideración do emprendemento como posible saída laboral.
Os alumnos/as de Viana viaxan de novo a Galicia cos seus proxectos de emprendemento, este ano á Coruña, onde se vai celebrar esta segunda edición do Encontro na sede da Fundación Barrié, os días 26 e 27 de marzo, contando de novo coa colaboración da Facultade para trasladar a invitación a todolos estudantes da USC. Nestas dúas xornadas, ademáis de charlas e talleres con expertos, os equipos, nos que se integran os participantes españoles, prepararán os seus pitches para presentar os proxectos a un panel de expertos e inversores. Máis información e inscricións no enderezo zecodeca@usc.es
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario