lunes, 2 de febrero de 2015

Xornada Innovación e Emprendemento con Base nas Ciencias

O próximo dia 4 de febrero ás 9:30 h no Salón de Graos da Facultade, terá lugar una xornada sobre a "Innovación e Emprendemento con Base nas Ciencias", que organiza o Grupo de investigación ICEDE e os autores do libro do mesmo título, publicado en 2014 polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

O libro, coordinado polos profesores Xavier Vence e David Rodeiro, xurdiu a raíz do traballo realizado pola Rede REPENSeI. Na xornada contaremos con varios/as dos/as autores/as e máis con expertos/as que participarán en dúas mesas redondas e no debate cos/as asistentes.

 Pódese consultar o programa neste enlace.


No hay comentarios:

Publicar un comentario